jueves, 1 de noviembre de 2012

Un accidentado Halloween
A noite de Halloween remata cun tráxico accidente en Madri

A noite máis terrorífica do ano acabou coa morte de 3 mozas nunha macrofesta no Madrid Arena. O suceso aconteceu na madrugada, sobre as 4 da maña, desta mesma noite. Esta traxedia sucedeu na macrofesta "Thriller Music Party" no Madrid Arena, que tiña un aforo de 10000 persoas. A festa comezaba ben pero sobre as 4 da madrugada o SAMUR recibe unha chamada dende esta festa, por causa dalgúns esvaecementos. Cando chegaron, cinco mozas, de idades entre os 18 e os 23,sufrían unha parada cardiorespiratoria,duas morreron ao momento e outra cando chegou ao hospital, as outras duas estan en estado crítico. Estes traumatísmos foron causados por aplastamento nun pasillo do recinto, a causa dunha avalancha humana posiblemente producida por unha vengala, aínda que non se esta seguro. O aplastamento produciuse porque cando tiraron a posible bengala, só una porta estaba aberta, como din os testigos. Tamén escoitanse expectativas sobre o aforo do recinto, según a Comunidade de Madrid o Madrid Arena pode acoxer a 10000 persoas, e a organización da festa di que acudiron 9600 persoas, pero os rumores de que se excedeu o aforo fanse notar.

 Esta traxedia non é a única que pasau neste tipo de festivales, hay mirar atras e ver o que aconteceu en Duisburgo (Alemaña), no festival Love Parade, que rematou con 19 mortes, duas de elas españolas, en 2010. Ou o catastrófico incendio nunha macrodiscoteca en Buenos Aires que acabou coa vida de 177 persoas no ano 2005. Por iso esta traxedia se suma a moitas outras que por erros na organización ou por outros motivos acaban coa vida de persoas, que coa intención de pasalo ben non acaban a noite como eles quererían.

No hay comentarios:

Publicar un comentario