sábado, 15 de diciembre de 2012

Dalle ao play!!

Os vou recomendar un videoclip dun dos meus grupos favoritos, os estadounidenses Kings of Leon. Alomellor moitos de vos coñeceredes algunhas das  suas cancións, como Use Somebody , pero non é a única.
Aquí os deixo un dos meus videoclips favoritos deste grupo: Back Down Sounth.
Gustame polo estilo de música, rock sureño con country,e polo que conta a canción, pareceme que o que expresa a canción e o que nos chamamos "moriña" e que estou segura de que o sentisteis algunha vez e que o sentiredes no futuro.

O videoclip non é que sexa dos mellores con maior calidad técnica, pero gustame como expresa ese sentimento de "regreso a casa". Ademáis gustanme este tipo de vidoclips, os que contan varias historias, pero todas relacionadas cun só tema.


Espero que os guste e que comentedes o que vos parece o vidoclip.

Audiosurf e videoxogos

Os vou falar do videoxogo que compartiu o profersor con nosco. Trátese do Audiosurf, un corredor de rompecabezas musical adaptación no que utilizase a tua propia música para crear o circuito. A forma, a velocidade e o estado de ánimo de cada viaxe está determinada pola canción que elixas. Gustame moito porque ti elixes a canción do videoxogo e este adaptase a ela, asi o xogo non é sempre o mesmo circuito, ademáis podes escoitar a túa música mentrés xogas con ela. É moi interesante e recomendoo a todo o mundo xa que ademáis poden xogar dúas persoas o que o fai máis emocionante. E o digo eu, que non me soén gustar moito os videoxogos, non sei porque, pero unha das razón pode ser que sempre perdía e  ese pode que seaa o meu trauma.

Pero si que os podo recomendar algún dos  videoxogas que si que marcaron un pouco  a miña infancia e a de moitos dos meus compañeiros e tamén a algúns adultos.
  1. O Tetris foi un xogo mítico para moitas persoas, incluso par min xa que creo que foi o primer xogo que tiña na miña primeira Gameboy, aquela que tiñan case todos os nenos tras as navidades.
  2. Pacman tamén ten un oco nesta lista xa que case todo o mundo poñiase dos nervios cando non era capaz de comerse a todos os fantasmas. Para min era unha das maneiras de matar o tempo en ckaquer sitio.
  3. Space Invader non foi moi especial para min aínda que está presente na miña infancia pero non por a miña experiecia, según os meus coñecidos foi e segue sendo o seu videoxogo favorito, para algúns.
  4. É por último,un dos que máis me marcou máis e o segue facendo é Super Mario Bros, este videoxogo, para min é o mellor, con el pasaba toda unha tarde sen aburrimento e as veces na escuridade da noite, sen que meus país se enterasen, seguía collendo as moedas e as estrelas e pasando de niveis neste mítico videoxogo, que segue reinventandose dende 1985.
Comentade os videoxogos que os marcaron a infancia, adolescencia e mesmo na actualide.

Os Podcast

Moitos de vos os preguntaredes: Que son os podcast?

Pois os podcast son como subcripcións nun blog pero onde recibes os programas favoritos a través da rede,estos poden clasificarse como ti queiras, tanto según co xénero como cos programas ou cadeas de radio. Ti podes personalizar o teu podcast, podes intercalar un programa de noticias cun de musica ou de deportes...TI ELIXES A ORDE. Ademáis de podelos escoitar ou ver na paxina de Internet, pode descargalos e levalos onde ti queiras no teu reproductor mp3 ou no teu móbil.

Tamén existen moitos programas onde almacenar os programas e que tamén os descargan automaticamente, moitos de eles son gratuítos como Juice, que permitache creear o teu propio audio e escoitalo en calquer lugar.

Estos programas son mui utiles se non queres perder o tempo descargando os programas directos da páxina, xa que o programa  fai o traballo por ti.

Tamén existen moitos xestores de podcast para o teu Android, eu os recomendo Beyond Pod, que ademáis de ler fontes RSS, descargar, escoitar e ver podcasts directamente no teu teléfono, e gratuita.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Telecinco contra os Blogs

1354042747_060872_1354042983_portada_normal.jpeg

Noticia obxectiva

Fai máis dun ano, o programa "La noria" do canal de televisión Telecinco, emitiu unha entrevista á nai  dun asesino, Rosalia García, nai de "El Cuco". Pablo Herreros, periodista e bloguero, promoveu un boicot, na rede, a este programa, o que provocou que este quedara sen anunciantes, os que financian as televisións privadas.

Telecinco,como resposta deste boicot, denunciouno e o acosaron dunha campaña de publicidade en contra deste, pedindo consigo unha indemnización millonaria e incluso a pena de cárcere.
Aínda que o absolveran, os costes de avogados e tempo que tardaría en dar a absolución sería moi elevado.

Finalmente, grazas ao apoio nas redes sociais e a presión que estas a Telecinco, o canal de televisión retirou a demanda, chegando a un acordo co periodista lavando a imaxe de Mediaset.

Noticia subxectiva              

Tras a denuncia que Mediaset contra o periodista Pablo Herreros, polo Caso La Noria, as redes sociais encheronse de mensaxes de apoio cara este bloguero o que fixo que Mediaset retirase a querella e o General Corporativo de Mediaset reuniuse co periodista para falar dos seus desencontros e solucionarse todo. Aínda que o periodista, no seu blog volveu a defender a liberdade dos anunciantes a elixir aos seus clientes. Tamén agradece as miles de persoas por o seu apoio e ao equipo de Change.org, que tamén mostrou o apoio das persoas a través da súa plataforma de recollida de firmas online. Na miña opinión este caso volve a ter o protagonismo na rede, marca de que os tempos estan cambiando e a forma de que internet se esta convertendo nun novo medio de comunicación que cambia as cousas.
Esta claro que este tema non vai a ser o último que teña polémica na rede .

lunes, 10 de diciembre de 2012

Respostas do formulario

Aquí os deixo as respostas do formulario sobre as películas do mundo que publiqueí neste mesmo blog.


lunes, 3 de diciembre de 2012

Entrevista de audacity

Aquí os deixo a captura de pantalla do noso novo traballo co audacity, unha entrevista que fago xunto co meu compañeiro.
A entrevista é breve pero o hemos feito o mellor que podimos. Espero que os guste.