miércoles, 12 de diciembre de 2012

Telecinco contra os Blogs

1354042747_060872_1354042983_portada_normal.jpeg

Noticia obxectiva

Fai máis dun ano, o programa "La noria" do canal de televisión Telecinco, emitiu unha entrevista á nai  dun asesino, Rosalia García, nai de "El Cuco". Pablo Herreros, periodista e bloguero, promoveu un boicot, na rede, a este programa, o que provocou que este quedara sen anunciantes, os que financian as televisións privadas.

Telecinco,como resposta deste boicot, denunciouno e o acosaron dunha campaña de publicidade en contra deste, pedindo consigo unha indemnización millonaria e incluso a pena de cárcere.
Aínda que o absolveran, os costes de avogados e tempo que tardaría en dar a absolución sería moi elevado.

Finalmente, grazas ao apoio nas redes sociais e a presión que estas a Telecinco, o canal de televisión retirou a demanda, chegando a un acordo co periodista lavando a imaxe de Mediaset.

Noticia subxectiva              

Tras a denuncia que Mediaset contra o periodista Pablo Herreros, polo Caso La Noria, as redes sociais encheronse de mensaxes de apoio cara este bloguero o que fixo que Mediaset retirase a querella e o General Corporativo de Mediaset reuniuse co periodista para falar dos seus desencontros e solucionarse todo. Aínda que o periodista, no seu blog volveu a defender a liberdade dos anunciantes a elixir aos seus clientes. Tamén agradece as miles de persoas por o seu apoio e ao equipo de Change.org, que tamén mostrou o apoio das persoas a través da súa plataforma de recollida de firmas online. Na miña opinión este caso volve a ter o protagonismo na rede, marca de que os tempos estan cambiando e a forma de que internet se esta convertendo nun novo medio de comunicación que cambia as cousas.
Esta claro que este tema non vai a ser o último que teña polémica na rede .

No hay comentarios:

Publicar un comentario