miércoles, 17 de abril de 2013

Una Botella en el mar de Gaza

 O outro día vimos na clase de TIC a película realizada en Francia, Cánada e Israel, baixo a dirección de Thierry Binisti.

A parte de ser o director desta películas, e tamén guionista, dirixiu outros filmes como Pasion Prohibida, La elección de la noche o Crimen sin testigos.
A película é de xénero dramático e a trata sobre Tal unha xovencita francesa que vive en Xerusalén coa sua familia. Tras a inmolación dun terrorista nun café do barrio onde vive, Tal escribe unha carta e a tira ao mar, na que plantea preguntas e expresa o seu contundente rechazo ao odio que hai entre os dous pobos (musulman e xudeu). Unhas semanas mais tarde, Tal recibe a resposta de un mozo de Gaza. Desde ese momento comeza unha relación de amistade entre os dous personaxes Tal (Agathe Bonitzer) e Naim (Mahmoud Shalaby) coa caal coñecen o a outra sociedade que se encontra tras o muro que os separa.
Gustoume moito esta película que mostra de maneira delicada e "lixeira" un grave enfrontamento palestini-israeli, que xa leva bastante anos e tamén bastantes víctimas.


Sobre este conflicto que afecta ao mundo durante bastante tempo, tivemos ese mesmo día unha conferencia coa historiadora e escritora Yasmina, que ten familia galega por parte de nai e familia musulma por parte de pai.


 Nos falou sobre este delicado tema que dura bastante tempo, para miña opinión, e que xa se levou millares víctimas. A conferencia estivo interesante, xa que o tema o é, pero Yasmina nos contou datos esenciais, quizas, pero que eu mesma e moitos dos meus compañeiros no coñeciamo. Esta claro que calquera guerra ten as suas causas e consecuencias, peoro esta, na miña opinión é moi diferente as demais. Creo, ssinceramente, que o conflicto durará aínda bastante tempo, por desgraza (espero equivocarme). ¿A solución para este conflicto?.....Quen a sabe, un dos paso sería un acordo pacífico para acabar coa matanza de civís, que non sei como poden vivir todos os dias co medo de saber que podde ser o último, polo mero feito de estar tomando un café no bar ou subir a un autobús e que estoupe unha bomba.



Esperemos que este conflicto acabe o antes posible e que aprendamos dos erros do pasado, e que non só recordemos este conflicto por estudalo na clase de historia, se non para evitar que volva a acontecer.

No hay comentarios:

Publicar un comentario