sábado, 23 de febrero de 2013

O Show de Truman


Os vou falar dunha das películas que vimos na clase de TIC, O show de Truman, unha película estadounidense estrenada en 1998, dirixida polo director Peter Weir.


Peter Weir é un director australiano, que ademais desta película encontramos filmes como "Master and Commander:Al otro lado del mundo" (2003) ou "Camino a la libertad" (2010)
O show de Truman está protaginizado por Jim Carrey, coñecido tamén polos seus papeis en "Como Dios", "Di que Si", "El Grinch" ou outras máis.
A sua valoración en IMDb é de 8. Esta película tivo 3 nominacións aos Oscars por mellor guión orixinal, mellor actor de reparto (Ed Harris) e ao mellor director.
 Este filme pareceume interesante, onde trata moitos aspectos da nosa sociedade. Gustoume bastante xa que o protagonista, Truman (Jim Carrey), é unha persoa normal coma calquera de nós e tras iso poste a pensar se a raza humana é tan egoísta de "acabar coa vida social" doutra polo simple entretemento. Os papeis estan moi ben interpretados e máis o argumento é imaxinativo.
 A sinopse da película é que o Show de Truman é un reality que se emite interrumpidamente na televisión dende o nacemento de Truman.
Un dos temas da película dos que os vou falar, o tema dos reality show, o porque do éxito destes programas que sobreviven nesta sociedade.
Deberiamos preguntarnos porque  nos gusta tanto e nos "enganchamos" a estes programas que mostran a vida real, que as veces non é a realidade que esperabamos. Porque a nosa sociedade se lle ocorreu emitir por televisión a vida diaria dunha ou varias persoas, esa é a pregunta que pensei tras ver a película do "El show de Truman", e que sentimos os espectadores vendo a vida dos demais.


Non sei se as miñas respostas non son as mesma que as vosas, pero creo que aos espectadores, incluiome a min, nos gusta saber, somos, o que as veces na sociedade no esta ben visto, "cotillas".
En internet e na actualidade, grazas ou desgrazadamente, e moi fácil saber sobre a vida dos demais, e a parte de enterarnos da información temos moitas ferramentas de difusión, como Twitter.
Creo que a sociedade e os consumidores de estos programas intentamos encher a nosa vida co que vemos,  queremos ver e sentir outra vida e as posibilidades que ten esta, as veces admiramos o que vemos e temos o desexo de decir "oxala fose eu". Pero en realidade a xente non se percata de que esa xente a que admiran son eles mesmos (as veces, non todo o que vemos é realidade), persoas como eles. No "Show de Truman" o director, quiso mostrar isto que a xente gustalle ver e saber como vive unah peersoa, aínda que neste caso esa persoa non sabe que o admiran.
Outra cousa que influe é a publicidade viral, esa publicidade que recibimos a través de amigos familiares, e na actualida polas redes sociais . Si a sociedade enteira esta constantemente falando sobre algo que emiten en internet, como na radio ou na televisión, as persoas sintense incitadas e obrigadas pola sociedade a velo ou oilo, simplemente polo feito de que todo o mundo fala sobre iso.

Esta maneira que temos de ver o mundo,vese reflexada na película, e en realidad "Que pasaría se o show de Tuman fora verdade, se existise na realidade?"

Hoxe en dia diría que sería un éxito total, todo o mundo estaría enganchado ao programa, pero espero que a sociedade cambie a mellor, e que os espectadores, a audiencia, é decir, os consumidores sepamos saber o que queremos ver, e sepamos consumir con precaución. Temos que ter unha resposabilidade e compartila entre todos. Se a sociedade non quere estes programas, non existirían pero espero que que nos, a audiencia cambie de mentalidade, ata ese momento seguiremos tendo estes programas basura que envenenan a cultura televisiva.



No hay comentarios:

Publicar un comentario