sábado, 23 de febrero de 2013

Visita ao Museo de Arte Contemporaneo MARCO

Nesta entrada os vou comentar a nosa visita ao Museo de arte contemporanea de Vigo, o MARCO.
Este museo de arte contemporanea converteuse en museo tras ser durante un século a cárcere pública de cidade, pero tras a rehabilitación converteuse no museo.
Neste museo,visitamos a exposición "A balea negra" que estará aberta ao público ata o 31 de marzo de 2013. Este proxecto toma como punto de partida o 13 de Novembro de 2002, o dia que se inaugurou este museo, pero ao mesmo tempo que sufrimos un dos maiores accidentes medioambientais da historia: o Prestige.
O Prestige  foi un buque petroleiro que se afundui frente as costas galegas, ocasionando o maior desastre natural da historia das costas galegas.
 Para rememorar aqueles dias, esta exposición que fala sobre eses momentos pero tamén para reflexionar sobre o futuro, a explotación da natureza e a contaminación.


Ademais do desastre que sufrimos nas nosas costas galegas, a exposición tamén recolle máis desastres naturais que marcaron a historia medioambiental.

Algunhas das imaxes da exposición
A exposición rememora a esas persoas, chegadas de todas as partes do mundo, que chegaron as nosas costas para recuperalas e volver a darlle o seu esplendor que tiñan antes do desastre. Moitas destas persoas estan incluidas na exposición, onde mostra nalgunhas o cansanzo e os momentos de desanimo nos rostros de estes, pero a vez a esperanza e o esforzo de recuperar a paisaxe galega.Tamén mostra a contaminación que afectou de forma máis directa, a fauna e a flora que quedou debastada, e a sua recuperacion foi moi difícil.
Ademais deste desastre, a exposición mostra o que a contaminación, en xeral, que é a consecuencia dos moitos dos nosos actos. Fainos reflexionar sobre a sociedade de consuma na que vivimos, o noso sistema de tirar todo o que non necesitamos esta facendo moito dano ao mundo no que vivimos.

Obras da exposición exposta no MARCO.
Recomendo a visita a esta exposición xa que mostra un dos momentos que marcaron a nosa historia como galegos, e que remomera unha das poucas veces que nos unimos en contra de algo e que xuntos o conseguimmos. Tamén se non eres galego, o recomendo porque faiche reflexionar sobre os noso actos de forma indirecta, sobre a responsabilidade que temos coa nosa natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario